Tuesday 14 de May de 2024

Rosa Quintana, Conselleira do mar, acompaña á candidata do Partido Popular de Miño


Este venres, Rosa Quintana, Conselleira do mar, e Begoña Yañez, candidata á alcaldía de Miño, acompañados de mais membros da candidatura, gozaron dunha pulpada popular en Perbes. A celebración, organizada pola Comisión de festas, permitiu á Conselleira e á candidata falar con veciños e empresarios da zona. Tamén puxeron en común os proxectos que Begoña Yañez ten para Miño, especialmente en relación ás competencias que incumben á Conselleria do mar.